Xacemento Arqueolóxico Aquis Querquennis
Antigo campamento romano construído á vez que a Vía Nova e que estivo en funcionamento dende mediados do século I ata principios do século II. Este campamento aloxou a unha cohorte da Legio VII Gemina asentada en León e ao parecer a unha Turma de cabalaría auxiliar (corpo menor de cabalaría non lexionaria). O campamento ten a típica estrutura amurallada, con torres de reforzo e rodeada por un foso. Ao interior accédese por catro portas que dan paso ao cardo e ao decumano, os cales configuran o típico plano ortogonal.