Peto de Animas de Calvos de Randín
Construción de granito de aspecto sobrio conformada por unha fornela de medio punto con cornixa superior e inferior, cuberta por un pórtico alintelado a dúas augas e sustentado por piares. Un epígrafe sobre a pedra dátao en 1826. Estas estruturas permitían realizar ofrendas ás ánimas.