Castelo da Vila-Ponte Ganceiros
Este lugar serviu no pasado como localización do castelo dende o que se exercía o poder señorial da zona. Hoxe apenas quedan restos pero aínda se pode apreciar o estilo típico dos castelos de rocha. Pénsase que a súa orixe dataría no século XII e que tería desaparecido coas revoltas Irmandiñas.