Capela da Clamadoira
Esta pequena ermida está situada sobre unha elevación dende a que se pode ver o encoro de As Conchas. O templo é do século XVIII e probablemente se trate dunha reconstrución ou ampliación dun templo anterior.
A festa desta capela, que inclúe romaxe, celébrase o 2º domingo de setembro. Unha peregrinación anual que non perdeu adeptos a pesar de terse multiplicado a distancia a percorrer.