Porta de Bande. Centro de Interpretación do Aquis Querquennis
Centro de Interpretación - Aquis Querquernnis
Porto Quintela, s/n Bande - T. +34 988 44 30 01
Coordenadas GPS: 41º 58' 19,2'' N - 7º 59' 6,00'' W
Estas terras foron habitadas dende tempo inmemorial, sendo berce de moitas civilizacións que nos deixaron numerosas pegadas da súa presenza. Mostra diso é a abundancia de restos arqueolóxicos que se conservan, entre os que destacan os dolmens e os castros de Lebosandaus, Sarreaus e Rubiás, onde foi encontrada a “cabeza do guerreiro galaico”, que actualmente está exposta no Museo Arqueolóxico de Ourense.